+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

PETANAPORTA ESCENIFICA A EXPERIENCIA DRAMÁTICA DO ACOSO NAS XORNADAS DO TEATRO AMADOR


Este sábado e domingo nova cita co teatro no auditorio municipal
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida á cidadanía a desfrutar das xornadas de teatro amador que volven ao auditorio municipal esta fin de semana coas obras O Pequeno Poni do grupo de teatro Peta na Porta o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo coa obra Queremos casar a filla! Do grupo de teatro Pedra do Cabalo ás 19 horas.
Petanaporta Teatro convida a desfrutar dunha experiencia dramática, intensa e conmovedora. Unha reflexión sobre a liberdade, o medo e o instinto de protección, retrato da cegueira, da ineptitude e dos prexuízos sociais dos adultos. Unha obra inspirada en feitos reais, dedicada a todas as nenas e os nenos que sufriron agresións e insultos sen que ningún adulto ao seu redor fixera nada por evitalo.
Este grupo de teatro fúndase no ano 2017 como unha asociación cultural sen ánimo de lucro na procura dunha producción teatral afeccionada propia que promova a lingua galega e a paixón polas artes escénicas. Esta labor faise posible grazas ás axudas para a promoción da lingua da Deputación de Pontevedra e a colaboración con outras entidades públicas, como neste caso, a Universidade de Vigo.
Petanaporta tráelles o traballo de Paco Bezerra á escena co corazón, insistindo na urxente necesidade de reflexión sobre a problemática de acoso na sociedade infantil.

Deja un comentario