+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

SOUTOMAIOR FINALIZA OS TRABALLOS DE MELLORA NO PAVILLÓN DA MONTESIÑA


Renovouse a pista principal así como os sistemas de iluminación e fontanería
Tras a posta en servizo da pista principal do pavillón hai escasos días, o Concello de Soutomaior finalizou esta semana os últimos traballos da mellora levada a cabo no recinto deportivo coa instalación dos últimos elementos de iluminación e seguridade nas pistas de padel. A finalización dos traballos contou coa visita da Secretaria Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, que foi acompañada polo alcalde, Agustín Reguera.
Ademais da instalación do novo pavimento de parqué na pista central do pavillón, a reforma integral da área deportiva da Montesiña implicou unha renovación case completa do sistema de iluminación en varias pistas, que agora incorpora novas lámpadas led no pavillón e todas as pistas de padel, e do circuíto de fontanería, que se actualizou por completo coa instalación de novas canalizacións e elementos de grifería nos seis vestiarios.
Ademais, os traballos permitiron realizar varias melloras na pista de padel principal, como o renovado do peche e a instalación de novos biombos de protección de metacrilato. Do mesmo xeito, renovouse todo o material deportivo do pavillón, como canastras, porterías, redes e a maioría de elementos de xogo. Por último, se reacondicionó o resto do recinto mediante o pintado das paredes e a bancada.
“Esta mellora supoñerá un gran paso adiante para todos os usuarios do pavillón municipal”, destacou Reguera, que explicou que “fomos pioneiros hai varios anos na instalación de pistas de padel e é normal que, tras varios anos de intenso servizo, as pistas necesiten unha actualización. E de paso, podemos levar a cabo melloras como estas, no peche e a iluminación”, finalizou.

Deja un comentario