+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

A UN MES DA SÚA CELEBRACIÓN A FEIRA EXPOBUS IBERIA SUPERA XA NUN 32% A SUPERFICIE EXPOSITIVA DA PASADA EDICIÓN


ESTE INCREMENTO DO ESPAZO FIXO NECESARIO ESTENDER O CERTAMEN A UN SEGUNDO PAVILLÓN, CONTIGUO AO PRIMERO

A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue traballando intensamente na organización da segunda edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebrará do 21 ao 23 de novembro.

Esta nova convocatoria está a cumprir as súas expectativas. Así, en canto á superficie neta, a un mes da súa celebración ten xa reservados 7.683 metros cadrados, un 32,6% máis que a cifra final da pasada edición, a cal contara con 5.793 metros cadrados. Aínda que na anterior cita o certame ocupara un pavillón, este incremento do espazo fixo necesario estender a feira a un segundo pavillón, contiguo ao primeiro.

Esta superficie corresponde a 55 expositores directos, o que supón xa un 19,5% máis respecto á anterior edición. Entre eles atópanse moitas das principais empresas fabricantes do sector do autobús e o autocar, marcas carroceiras e compañías relacionadas coa industria auxiliar.

Estas cifras seguirán medrando, xa que se están pechando aínda distintas participacións e continúan as xestións comerciais por parte do equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Un día máis

ExpoBus Iberia 2019 contará cun día máis de duración, cun dobre obxectivo. Por unha banda, que os visitantes poidan dispoñer de máis tempo para compaxinar a visita aos expositores coa asistencia ás xornadas e actividades, e por outra, para incrementar a presenza do transporte urbano no evento, para o que se incluiría ademais algunha actividade a maiores centrada neste sector.

Aínda que nesta ocasión se celebra dous anos consecutivos, pois a pasada edición levouse a cabo os días 9 e 10 de novembro do ano pasado, este evento será bienal a partir de agora, adaptándose ás necesidades do sector e axustando as súas datas ao calendario nacional e internacional

Deja un comentario