+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE AS NEVES, GRAZAS Á FINANCIACIÓN DA ‘FUNDACIÓN LA CAIXA’, POR EN MARCHA PROXECTOS DE ALFABETIZACIÓN, BÚSQUEDA DE EMPREGO E INTERVENCIÓN SOCIO-COMUNITARIA


 

O Goberno local de As Neves vén de enviar a todas as veciñas e veciños da vila unha carta na que informa da posta en marcha, dende o mes de novembro, de varios proxectos sociais, que poden realizarse grazas á achega da ‘Fundación La Caixa’.

Estes tres proxectos, que serán totalmente gratuítos para quen queira participar neles, son:

Alfabetización, destinado a persoas que queiran aprender ou mellorar o seu nivel de lectura e escritura. O mesmo terá 5 meses de duración; Técnicas de búsqueda de emprego, destinado a persoas en idade activa (de 25 a 65 anos), ao longo de dous meses; e Intervención Socio-comunitaria, para persoas de máis de 55 anos, que durará 5 medes e que se impartirá nos locais das parroquias abranguendo actividades coma obradoiros, xogos, parladoiros nos que compartir saberes, tempo e intereses dun xeito ameno.

Todas as persoas interesadas poderán anotarse nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais, ou a través do teléfono 986 667 134.

Nas vindeiras semanas, persoas do grupo de Voluntariado de As Neves, visitarán as casas do concello para informar e animar á participar nestas actividades, que pretenden fomentar redes de apoio entre as persoas das distintas parroquias.

Deja un comentario