+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

AS BUTACAS DO CENTRO CULTURAL XINZO ACOLLERÁN A PROXECCIÓN DAS CURTAS GAÑADORAS NO FESTIVAL DE CANS


A partir das nove da noite cita de cine
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, anima á cidadanía a desfrutar das curtametraxes gañadoras no Festival de Cans que serán proxectadas este sábado día 19 no auditorio do Centro Cultural Xinzo.
O director do festival, Alfonso Pato, visitará Xinzo da man do Centro Cultural que en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia ofrecerá unha noite de cine.
A partir das 21 horas e ata completar aforo, poderemos converternos en público do documental “Quince Primaveras” de Isaura Docampo, da comedia negra “O Neno Bonito” de Fran X. Rodríguez, da curta de animación “Soy una tumba” de Khris Cembe e da curtametraxe de medo “Limbo” de Dani Viqueira, curtametraxe premio Mestre Mateo 2018.

Deja un comentario