+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

PONTEAREAS HOMENAXEA AO MESTRE REVERIANO SOUTULLO CON MOTIVO DO NOVENTA ANIVERSARIO DO PASADOBRE “PONTEAREAS”


Ponteareas homenaxeará ao mestre Reveriano Soutullo con motivo do noventa aniversario do pasodobre Ponteareas cunha ofrenda floral nos xardíns da Xiralda e un concerto no auditorio municipal a cargo da banda de música Reveriano Soutullo.
Organizado polo concello en colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo Otero, este domingo 20 de outubro a concellería de Cultura convida a toda a cidadanía á homenaxe deste mestre que chegou a compor máis de 200 pezas para banda de música durante os seus primeiros anos de vida de compositor (1900-1915). Continúo a súa traxectoria coa dirección artística da editorial La Casa editorial Alier e a composición de toda clase de obras, algunhas delas publicadas con pseudónimo para banda, orquestra, quinteto e piano, ademais de compor para teatro acompañando as súas partituras ás obras máis exitosas da época. Tivo a súa propia editorial musical e fixo grupo con Juan Vert compondo éxitos recoñecidos polo público e pola crítica. Inquedo e vital, Reveriano Soutullo Otero naceu en Ponteareas no 1880 e finou en Madrid no 1932.

Deja un comentario