+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN CONTINUA ESTE SÁBADO CO MES DO TEATRO CON ‘EXTRAÑOS HÁBITOS’ DO GRUPO VIGUÉS PORTA ABERTA


 

O Concello de Nigrán continua este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal co seu ciclo de teatro, recibindo nesta ocasión ao grupo de Vigo Porta Aberta coa obra ‘Extraños hábitos’. O Concello programa actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca os restantes sábados de outubro e ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo.

A seguinte actuación será o 26 de octubre co grupo de Teatro Castro Barreiro de Salceda de Caselas con “Os tres grandes sinvergoñas”; o 9 de novembro Teatro do Ar con ‘Distintas Compañías’; e o 16 de novembro grupo Expresión Teatro de Mourente con “Convivir”.

Deja un comentario