+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

RESPOSTA ÁS DECLARACIÓNS DO PP SOBRE O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR


A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, aclara que o servizo de axuda no fogar estase a desenvolver con normalidade e seguirá a desenvolverse sen ningún tipo de cambio nin interrupción e desminte así as falsidades difundidas polo Partido Popular nun novo intento de confundir e alertar innecesariamente á cidadanía.
“Xa é hora de que os concelleiros e concelleiras do PP sexan conscientes do cargo que ocupan e da obriga de desempeñalo coa seriedade e a rigurosidade que implica”.
Carrera pide ao Partido Popular que deixe de mintir e preocupar á veciñanza sen fundamentos e máis nun ámbito como os servizos socias tan delicado.
“Non hai necesidade de preocupar nin aos usuarios e usuarias nin aos traballadores deste servizo que seguirán con estabilidade desenvolvendo as súas tarefas”.
A concelleira explica que houbo que anular o anterior procedemento e se procedeu a abrir un novo procedemento que non implica ningún tipo de consecuencias para os beneficiarios/as.
O alcalde Xosé Represas recrimina ao PP a súa falta de seriedade e sensibilidade facendo unha política destrutiva. “O Partido Popular, ao igual que todos os grupos da Corporación, acceden a toda a información grazas á transparencia coa que traballa este goberno pero o que deben facer é unha lectura correcta e non unha lectura falsa e alarmante desvirtuando a realidade”.

Deja un comentario