+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

OPERARIOS DO CONCELLO DA LAMA MELLORAN A ANTIGA ESCOLA PARA ADICALA A ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA CALDEVERGAZO


Repuxeron os baños e adaptaron unha antiga aula para acoller xuntanzas e iniciativas lúdico-culturais a petición da Asociación de Nais e Pais

 

Operarios do Concello da Lama están levando a cabo estes días labores de acondicionamento e rehabilitación do inmoble da antiga escola da Lama para albergar as actividades da Asociación de Nais e Pais (ANPA) Caldevergazo así como as súas xuntanzas e iniciativas socioculturais.

As obras, que se realizan a petición da ANPA, contemplan a colocación de novos baños e o pintado da planta baixa dun edificio que conta xa con moitos anos e que agora, por intervención do Concello está sendo acondicionando para que teña un uso máis acorde coas necesidades asociativas.

Por outra banda, o tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes e membro do Consello Escolar, Daniel Vidal, que inspeccionaron os traballos que están a realiza-los operarios municipais no edificio na planta baixa, dirixiranse á arquitecta municipal para que faga unha proposta redistributiva do espazo e usos da planta superior, que non está sendo utilizada neste momento, co fin de que poda ter un mellor aproveitamento público para albergar a actividade asociativa e formativa do municipio.

A colaboración do Concello da Lama coa ANPA e a comunidade educativa é unha das prioridades do equipo de goberno que preside o alcalde Jorge Canda Martínez a través de continuas actuacións que se realiza no centro escolar en colaboración coa dirección e corpo de ensinantes, así como coa Consellería de Educación. Tamén o Concello da Lama destina cada ano unha cantidade económica importante a fomentar e financia-las actividades da Asociación de Nais e Pais Caldevergazo.

Deja un comentario