+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

LETE LASA VISITA O CLUB PIRAGÜISTA PENEDO E FELICITA A AINHOA LAMEIRO POLA SÚA RECENTE MEDALLA DE PRATA NO MUNDIAL DE SLALOM DE LLEIDA


Esta presea xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom polo que o secretario xeral destacou que grazas ao “incrible nivel piragüista existente en Salceda de Caselas, Galicia reforza a súa posición como líder no piragüismo internacional, agora tamén nas augas bravas”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe as instalacións do Club Piragüismo Penedo. O responsable do Deporte galego gabou a traxectoria deste club tudense que conta con preto de 70 licenzas federativas nas súas dúas disciplinas -slalom e kayak polo- sendo, unha vintena delas, femininas. Neste sentido Lete Lasa lembrou que o Club Penedo recibe en 2019, máis de 1.500 euros pola convocatoria de clubs da Secretaría Xeral para o Deporte e outros 7.000 euros polo Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego.

Dentro da lista de talentosos padexeiros coa que conta o Club Penedo, destaca a deportista de Salceda de Caselas, Ainhoa Lameiro que vén de acadar a medalla de prata en patrullas C1 femininas no Campionato do Mundo de Slalom Olímpico e Augas Bravas celebrado en Seu D´Urgell (Lleida). O secretario xeral mantivo un encontro coa padexeira galega onde lle transmitiu os parabéns en nome de todo o deporte galego e desexoulle a mellor das sortes para o futuro no que, de seguro, acadará novos éxitos.

A medalla de Ainhoa Lameiro xunto á prata colleitada polo tamén salcedán Luís Fernández na mesma competición, son os primeiros metais acadados por Galicia nun mundial de slalom. Así, o secretario xeral destacou que grazas ao “incrible nivel piragüista existente en Salceda de Caselas, Galicia reforza a súa posición como líder no piragüismo internacional, agora tamén nas augas bravas”.

Deja un comentario