+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

A XUNTA APOSTA POR VISIBILIZAR E DAR A COÑECER A ACTIVIDADE DAS MULLERES GALEGAS REFERENTES NO ÁMBITO DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a exposición sobre os Premios María Josefa Wonenburger no Concello de Lalín

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a exposición sobre as premiadas dos Premios María Josefa Wonenburger que alberga o vestíbulo da Casa do Concello de Lalín. O Goberno galego aposta coa elaboración desta mostra por visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións das mulleres galegas referentes na ciencia e na tecnoloxía que se adiantaron ao seu tempo e polas que foron merecedoras do premio que concede a Xunta.

A Xunta, a través da Unidade de Muller e Ciencia, outorga anualmente este galardón que recoñece o traballo das mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo da ciencia ou a tecnoloxía. O Premio María Josefa Wonenburger recaerá este ano na catedrática de Farmacia Mabel Loza.

A Unidade de Muller e Ciencia creouse co obxectivo de incrementar a presenza das mulleres galegas nos ámbitos científico e tecnolóxico e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e da tecnoloxía.

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional nas ciencias e unha científica adiantada ao seu tempo.

Deja un comentario