+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

PONTEAREAS PARTICIPA NO NOVENO SEMINARIO SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICO E COMUNITARIO


A concelleira de Medio Ambiente coñece os últimos proxectos de innovación en materia de compostaxe
Co obxectivo de acadar unha vila o máis sustentable posible e ir mellorando as ferramentas que se comparten coa cidadanía para conseguilo, a concelleira de Medio Ambiente Rosa Covelo participa nestes días no noveno seminario sobre compostaxe doméstico e comunitario que se celebra en Valladolid.
Esta novena edición céntrase na xestión da materia orgánica no mundo rural, analizando os pasos que están dando as administracións estatais e autonómicas neste senso e profundizar nas investigacións que se están realizando na actualidade e adentrarse en proxectos de innovación.
Rosa Covelo tamén participará nas visitas técnicas co obxectivo de recoller toda a información posible para aplicalas a futuras accións relacionadas coa compostaxe no noso concello.
A concelleira salienta a importancia da separación de residuos no fogar que é o primeiro paso e que so depende de nós, sen isto non se pode acadar o obxectivo final “O que intentamos conseguir e que coa fase 1, na que xa estamos coas composteiras implantadas no centro urbano, se eliminen os restos orgánicos do contedor verde levándoos á composteira coa que conseguimos un bo compost que volve á terra e completa o ciclo”.
Rosa Covelo insiste na importancia da acción individual e da responsabilidade que temos todos e todas a diario.

Deja un comentario