+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN XESTIONA O ALUGUER DUNHA FINCA CÉNTRICA COMO ALTERNATIVA AO APARCAMENTO DA RÚA VILAMEÁN


 

A promotora iniciou esta mañá as obras para construír 40 chalés pareados nesta parcela privada, polo que o espazo cedido ao Concello de xeito gratuíto a modo de aparcamento público está xa inoperativo
O Concello está tramitando o expediente para alugar unha finca céntrica que cumpla a función de parking gratuíto, existindo como mínimo dúas opcións válidas
“Non perdemos un parking porque o substituiremos por outro antes de fin de ano, o relevante é que Nigrán despega económicamente tras a grave crise da construción”, sinala o alcalde, Juan González
Nigrán 18/10/19.- O Concello de Nigrán tramita o expediente para poder alugar de xeito transparente unha nova finca céntrica que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán, onde a promotora propietaria da parcela iniciou hoxe as obras para construír 40 chalés pareados, polo que este espazo cedido de xeito gratuíto no 2013 está xa inoperativo. Dende o Concello xa se mantiveron contactos con dous propietarios de parcelas moi próximas ao consistorio interesados en alugalas, estando o expediente xa en marcha para resolvelo nas vindeiras semanas.
“Non perdemos un parking porque o substituiremos por outro tamén gratuíto antes de fin de ano, o relevante é que Nigrán despega económicamente tras a grave crise da construción e que con esta urbanización o Concello gaña espazo dotacional e 4 parcelas edificables. Sabemos que para moitos veciños isto é un inconvinte e unha incomodidade pero lles pedimos paciencia porque antes de fin de ano teremos unha alternativa igual de válida xa funcionando”, sinala o alcalde, Juan González, quen engade que o aluguer dunha finca por parte dun organismo público conleva unha tramitación transparente que dé igualdade de oportunidade a tódolos propietarios interesados en concorrer. “Faremos un anuncio público que contemplará, entre os diferentes requerimentos, a máxima proximidade ao núcleo urbano, e con este condicionante actualmente xa dispomos de dúas alternativas”, indica González, quen mantivo contactos cos propietarios de dúas parcelas de tamaño superior á de Vilameán e igual de próximas a Casa Consistorial. “Ter un espazo de aparcamento gratuíto para os veciños é unha prioridade porque somos conscientes do beneficio que supón para os veciños que non viven no núcleo urbano e para o comercio e empresas da zona”, engade.
A parcela de Vilameán funcionou dende 2013 como aparcamento público cunha media de 50 coches aparcados a diario (o dobre durante a tempada estival). Así, este espazo da Unidad de actuación 3 (UA3) de 12.963 m2 supón xunto ao da Avenida Val Miñor (fronte a antiga Vanitas) a reactivación do sector da construción en Nigrán trala forte crise da construción, xa que son as primeiras licencias de vivendas que se outorgan no municipio dende o ano 2007. Na parcela de Vilameán construiranse 40 chalés pareados xa vendidos sobre plano, e na Avenida Val Miñor un bloque con 46 pisos, a maior promoción en máis dunha década.

Deja un comentario