+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

MÁIS DE 260 PERSOAS PROVINCIA DESFRUTARÁN ESTES DÍAS DO PROGRAMA “DEPOTERMAL 2019”


Este domingo 20 de outubro parten os participantes da visita con pernoita, mentres que o luns comezan as saídas do programa diúrno

A iniciativa de termalismo social da Deputación de Pontevedra beneficia este ano a 4.500 veciñas e veciños da provincia

Un total de 262 persoas de idade avanzada da provincia gozarán desde este domingo e ata o 25 de outubro do programa “Depotermal”, organizado pola Deputación de Pontevedra, con estadías no Hotel Balneario Termas de Cuntis, no Hotel Talaso de Sanxenxo, no Hotel Carlos I, tamén de Sanxenxo, e no Hotel Louxo La Toja.

Deste xeito, mañá día 20 comezan as estadías con pernoita de tres grupos. A primeira destas expedicións, que conta con 96 inscritos, partirá rumbo ó Hotel Carlos I de Sanxenxo. A saída está programada para as 15.30 horas dende o Centro Cultural de Filgueira, aínda que o transporte realizará paradas na gasolineira da Cañiza (15.45 horas), na rúa Arenal de Vigo (16.30 horas) e, finalmente, na parada de San Roque de Pontevedra (17.00 horas).

O segundo grupo estará nas instalacións do Hotel Talaso, tamén en Sanxenxo e está conformado por 63 persoas. Así, a saída está prevista para as 17.00 horas dende a rúa Arenal de Vigo e ás 17.30 horas dende a parada de San Roque. Por último, 46 participantes da iniciativa de termalismo social terán como destino o Hotel Louxo La Toja. Estas tres saídas rematan o 25 de outubro.

Por outra banda, no que atinxe ás saídas diúrnas, haberá 57 persoas repartidas en catro grupos que se desprazarán ó Hotel Balneario Termas de Cuntis dende o luns 21 de outubro ata o venres 25. Máis polo miúdo, 13 inscritos partirán cada tarde dende Moaña, 19 dende Cangas, 14 dende Bueu e 11 dende Marín.

O programa de termalismo e saúde da Deputación está dirixido a persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1969 e ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida da veciñanza da provincia, así como impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado de ánimo, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. “Depotermal” permite tamén dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

Este ano, un total de 4.419 persoas vanse beneficiar do programa termal, das que 1.186 o farán en asistencia diúrna (durante cinco días consecutivos) e 3.233 pers0as con pernoita (cunha estancia de seis días e cinco noites).

Deja un comentario