+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

PROTECCIÓN CIVIL RETIRA CASE 200 NIÑOS DE VESPA VELUTINA NO QUE VASI DE ANO CON DÚAS BRIGADAS ESPECÍFICAS


No territorio de Cotobade a maioría dos avisos proceden de Viascón, mentres que en Cerdedo están máis repartidos por todas as parroquias
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de CerdedoCotobade leva retirados case 200 niños de vespa velutina no que vai do presente ano a través de dúas brigadas específicas creadas para combater a esta praga. A entidade recibíu un total de 153 avisos do 012 dende o pasado mes de febreiro e a elos hai que engadirlles outros corenta xestionados a través do Concello.
Segundo explicou o responsable de Protección Civil e coordinador deste programa contra a vespa velutina, Javier Lois, creáronse dous equipos especializados na retirada dos niños e, xunto aos operarios municipais, levan suprimidos case 200 en apenas oito meses, o que dá boa mostra da implantación desta especie invasora.
Polo momento, Protección Civil está a empregar o sistema de pértiga para retirar os niños e posteriormente inutilizalos, pero xa está a barallar a súa substitución pola escopeta con estouridos, para o cal estanse a establecer contactos cun profesional de Cambre. “É un sistema máis efectivo e pensamos en implantalo na nosa agrupación”, indicou.
En canto á aparición dos niños, a parroquia de Viascón lidera os avisos no correspondente ao territorio de Cotobade, mentres que en Cerdedo están máis repartidos por igual entre todas as súas oito parroquias.
O alcalde, Jorge Cubela, tras coñecer os datos de primeira man do responsable de Protección Civil, quixo destacar o “gran traballo” que está a facer a entidade ao longo de todo o ano para atender todas as incidencias e especialmente na súa loita para erradicar unha especie “que causa un gran dano medioambiental e que debemos combater con firmeza”. Neste senso, sinalou que o Concello está especialmente sensibilizado na loita contra a velutina para protexer a súa gran riqueza natural e lembrou que hai xa tres anos se puxeron en marcha obradoiros de trampas en
moitas parroquias e comezouse coa retirada dos niños.

Deja un comentario