+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O CONCELLO PRESENTA O PROGRAMA CULTURAL DE OUTONO CON CINCO ESPECTÁCULOS DE CINA, MÚSICA E TEATRO


A proxección da película “Aladdin”, orientada especialmente ao público infantil, abrirá este sábado os actos no Centro Cultural de Cerdedo
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de presentar a programación cultural do Outono, que inclúe cinco variados espectáculos de cine, música e teatro que se desenvolverán no Centro Cultural de Cerdedo e que, como é habitual, son todos con acceso gratuíto ata completar o aforo.
O programa abrirase este sábado, 26 de outubro, coa proxección da película “Aladdin”, orientada especialmente ao público infantil e que arrancará ás 19.00 horas.
A continuación, haberá o musical “Ummm!” o domingo 3 de novembro ás 17.30 horas; a proxección do filme “Toy Story 4” o sábado 9 de novembro ás 19.00 horas; a peza teatral “Capitán Garfo” o sábado 16 de novembro tamén ás sete da tarde; e a representación da obra “Dous no Camiño” o sábado 30 de novembro ás 19.00 horas.
Obradoiro de Teatro
Por outra banda, e tamén no eido cultural, o Concello vai celebrar, un ano máis, unha nova edición do Obradoiro de Teatro, que está aberto a todos os veciños maiores de 7 anos e que ten aberta a inscrición na sede administrativa de Cerdedo o una biblioteca municipal ata o vindeiro 4 de novembro. Cómpre sinalar que as prazas son limitadas, ata un máximo de 15, e que se lle outorgará prioridade aos participantes da edición anterior.
Esta actividade, que comezará o día 8 e se prolongará ata o mes de abril, será impartida por Xosé Lueiro, profesor e xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada.

Deja un comentario