+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

“SAMAIN 2019” NO CONCELLO DE ARBO


O Concello de Arbo, un ano máis organiza dentro das actividades do Outono Cultural o Samain 2019.

As actividades enmarcadas dentro do Samain 2019 e teñen lugar os días 31 de outubro e día 2 de nvembro.
O auditorio do Centro Multiusos acollerá diversas actividades que teñen como temática a Festa do Samain.

O día 31 de outubro e coincidindo que ese día e non lectivo no CEIP Antonio Carpintero, dende ás 9 ás 14 horas realizaranse obradoiros, xogos…. Esta iniciativa xurde tendo en conta que os máis cativos do concello ese día non asistirán a clase por ser o día do ensino, o que supon que esta actividade ven a axudar a que os país teñan donde deixar aos nenos e nenas no caso de que teñan que traballar. A inscripción realizarase nas oficinas xerais de Casa do Concello e o prazo para inscribirse remata o 29 de outubro.

O día 2 de novembro dende ás 17.30h ata ás 20.30horas, no Multiusos do Concello de Arbo, terá lugar a Festa Terrorifica, con túnel do terror, xogos, bailes, desfile de disfraces con sorpresa os 3 primeiros de cada categoría e para rematar discoteca infantil.

O alcalde, Horacio Gil, anima a todos os veciños do noso concello, asi como os dos concellos limítrofes e de Portugal, a participar nas actividades de Samain 2019, unha actividade que cada ano ten novas sorpresas. Así mesmo convídaos a que se animen e visiten Arbo neste outono, unha oportunidade para contemplar unha paixase que nesta época vólvese espectacular, non só nos campos e viñedos, senon tamén nos parques, sendeiros… É unha boa época para descubrir Arbo, a súa gastronomía e as súas belezas naturais.

Deja un comentario