+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

A XUNTA SITUARÁ UNHA NOVA AMBULANCIA EN LALÍN


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores que proximamente haberá unha nova ambulancia na comarca do Deza, situada en Lalín (Pontevedra).

Núñez Feijóo fixo este anuncio durante a súa intervención na sesión de control a pregunta da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que cuestionou as políticas sanitarias da Xunta, nas que sostivo que «os recortes matan».
Na súa intervención, Pontón lembrou o caso dun home falecido en Dozón recentemente, cuxos familiares asistiron ao pleno, tras o atraso na chegada dunha ambulancia.
O presidente da Xunta insistiu en que a sanidade galega funciona mellor que nunca e indicou que haberá unha investigación para saber as causas da morte dese paciente, que lle serán trasladadas en primeiro lugar aos seus familiares.
Ademais, indicou que ata catro ambulancias de municipios próximos na comarca estaban ocupadas no momento da urxencia dese paciente finalmente falecido en Dozón e lembrou o concurso de ambulancias posto en marcha pola Xunta en abril, que foi «adxudicado en setembro», e que aumenta o número de ambulancias en Galicia.
Nese concurso non estaba previsto situar a ambulancia en Lalín que anunciou hoxe o presidente galego, polo que se trata dunha nova unidade e non da recolocación das xa anunciadas.

Deja un comentario