+034 986 09 02 04 Xoves 06 de Agosto de 2020

COMEZAN AS OBRAS DE RECUPERACIÓN DO LAVADOIRO DO MIELIÑO, NO LUGAR DE SOUTELO


As obras, que se realizan con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada a Construcciones Cortizo SL, por un importe de 15.521,31 €
O Concello de Bueu comezou esta semana as obras de recuperación do lavadoiro do Mieliño, no lugar de Soutelo. Así o puido comprobar o alcalde durante a visita, na que salientou que “esta obra vai supoñer unha recuperación tanto do lavadoiro, como da fonte e da contorna”. A obra, que se realiza con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada a Construcciones Cortizo SL por un importe de 15.521,31 €.
Nestes últimos tempos, o goberno local está recuperando os lavadoiros, que forman parte do patrimonio cultural e social da vila e que se integran na actividade da vida comunitaria. Por iso se acondicionaron xa os lavadoiro da Banda do Río e da Graña, e se espera actuar pronto no da Portela.
Ademais da reparación do vaso do lavadoiro, tamén se fomentará o espazo como lugar de reunión da propia veciñanza, e se adaptará para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. A proposta elixida buscará un arranxo integral no que se utilizarán materiais acorde co lavadoiro, como a madeira, a pedra, o cano de pedra ou a pintura ecolóxica. A finalidade é que se favoreza a tipoloxía dos elementos típicos da arquitectura galega, potenciando o seu valor etnográfico así como a integración social no entorno rural.

Deja un comentario