+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O GOBERNO FELICITA A LINA GARRIDO POR CHEGAR A ASESOR DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN CON 35.000 EUROS ANUAIS


O executivo amósase convencido de que “dende este posto seguro que axuda a desatascar as paradas melloras viarias en Almofrei e Quireza”
O goberno local de Cerdedo-Cotobade quixo manifestar na xornada
de hoxe as súas máximas felicitacións á voceira do grupo municipal do PSOE, Lina Garrido, por
chegar a converterse en asesora de Deportes da Deputación de Pontevedra, dependente da
presidenta provincial, Carmela Silva, cun soldo anual bruto de 34.939 euros, distribuído en
catorce pagas de 2.495 euros.
“Supoñemos que valoraron o seu gran traballo, o seu respaldo cidadá e magníficos resultados
obtidos nas pasadas eleccións municipais de maio e o seu amplo coñecemento en materia de
deportes, que é descoñecido no noso concello pero que supoñemos que foi fundamental para
incorporala cun soldo de executiva nesta área”, ironizaron dende o goberno local.
En calquera caso, e dado que é a veciña de Cerdedo-Cotobade con maior responsabilidade no
executivo de Carmela Silva, o alcalde, Jorge Cubela, e o seu equipo amosáronse convencidos de
que “dende este novo posto estamos seguros de que Lina Garrido fará o imposible e axudará de
xeito clave a desatascar as paralizadas melloras viarias en Almofrei e Quireza que o bipartito da
Deputación ten ao pairo para perxuízo dos veciños porque a presidenta o único que fai é
maltratar a este concello agás, iso si, á voceira socialista, á que ten ben coidada”.
“Na vida é moi importante marcarse obxectivos e, se se pode, tratar de acadalos porque produce
unha gran satisfacción e realización persoal e temos que felicitar a Lina Garrido polos seus
méritos para conseguir o que se propuxo”, sinalou Cubela, que bromeu asegurando non
entender porque dende o goberno provincial “non se publicitou moito máis unha fichaxe tan
importante para a área de Deportes da provincia, xa que se formalizou no pasado mes de xullo e
pasou máis ben ás agochadas cando debería ser motivo de orgullo que unha persona cos
coñecementos nesta materia como Lina Garrido teña competencias na mesma”.

Deja un comentario