+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O CONCELLO ELIMINARÁ A DEPURADORA DE ARCADE DO PEIRAO DE O PEIRAO


Augas de Galicia solicitou ao consistorio os terreos necesarios para a contrucción dunha nova estación adaptada a última normativa
O Concello de Soutomaior acaba de recibir o apoio de Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora de auga en Arcade, o que permitirá eliminar a actual estación do peirao do Peirao. O Concello deberá agora achegar os terreos necesarios para iniciar os traballos topográficos necesarios para levar a cabo o proxecto.
A actual depuradora de augas de Arcade está a piques de non cumprir coa nova normativa europea ao carecer dun tratamento secundario, ao que se suma que, ao atoparse en terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre, non se pode ampliar para levar a cabo ningún tipo de mellora nin renovación.
Por iso, o Concello de Soutomaior solicitou a colaboración de Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora que se axuste á nova normativa europea. Unha colaboración que agora se confirma e que dá paso a procura dos terreos necesarios, que, segundo Augas de Galicia, deberán ter unha superficie non inferior a 15.000 metros cadrados.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o beneficio desta nova infraestrutura “en todos os aspectos. Mellorarase en capacidade e funcionalidade coa nova estación e ademais sacamos a vella do Peirao. Non pinta nada unha depuradora á beira dunha área infantil, unha praia, un paseo marítimo… a nova depuradora será unha gran mellora ambiental e urbanística para Arcade”, indicou o rexedor.
Do mesmo xeito, o edil explicou que xa están a buscar os terreos para cumprir coas necesidades da nova estación. “É unha cantidade de terreo considerable, e atopar un sitio adecuado para reducir ao máximo o seu impacto non será sinxelo, pero xa barallamos algunha opción”.

Deja un comentario