+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ADXUDICA PRETO DE 1.200 NOVAS PRAZAS PARA «EN RUTA COA DEPO»


O programa da institución provincial oferta 32 rutas para que 20.000 veciñas e veciños da provincia poidan realizar visitas guiadas por lugares emblemáticos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este martes a terceira adxudicación de prazas para o programa “En Ruta coa Depo”. Con esta nova quenda beneficiaranse 1.188 persoas de 18 entidades pertencentes a 14 concellos da provincia.

Os obxectivos de “En Ruta coa Depo” son a mellora da participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, así como a oferta de alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia, a promoción de rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente nenos e nenas».

Ademais, “En Ruta coa Depo” pretende ar a coñecer diferentes lugares de interese da provincia para promover o envellecemento activo e dar a coñecer os recursos turísticos da provincia para que a cidadanía os coñeza, se poida sentir orgullosa deles e adquira novos valores de respecto ao entorno natural da provincia.

En liñas xerais, “En Ruta coa Depo 2019” ofertou 20.000 prazas distribuídas en 32 rutas para coñecer diferentes lugares da provincia de Pontevedra. Por terceiro ano consecutivo, 400 prazas son de balde para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. Amais o programa inclúe o servizo dunha persoa como guía durante o transcurso da ruta, o xantar e o transporte.

Deja un comentario