+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

Teatro para conmemorar o Día da Muller


Nigrán celebrará o Día Internacional da Muller coa representación da obra de teatro “Tacóns na corda”, que terá lugar o vindeiro venres 6 de marzo no Salón de Actos Municipal ás 19.00 horas. A representación corre a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas, un grupo de arte interdisciplinario creado por Tato López (cantautor) e María Ángeles Iglesias (actriz).

A obra aborda con humor os estereotipos de xénero, entrelazadas con cancións interpretadas por un músico na rúa que imaxina historias da xente que pasa diante del cada día, máis concretamente, de tres mulleres, Maruxa, a outra e a chacha, que representan estereotipos femininos que é necesario erradicar.

Deja un comentario