+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

80 CATIVOS DE 3 A 12 ANOS PARTICIPARON HOXE NOS TALLERES MUNICIPAIS DE SANMAÍN CELEBRADOS NO MULTIUSOS


A actividade organizouse como medida de conciliación para o Día do Ensino, xa que non houbo clase nos centros educativos

Hoxe celebrouse a actividade escolar organizada polo Concello de Mos con motivo do Día do Ensino, xa que non houbo clase nos centros educativos mosenses.

Na iniciativa participaron un total de 80 nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade que estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade e Cultura, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Begoña Toucedo.

Durante a actividade realizáronse no Multiusos das Pozas talleres de Halloween ou Samaín consistentes en manualidades, xogos monstruosos, contos terroríficos, Photocall tenebroso, bailes de ultratumba… etc. O horario de celebración da actividade foi matutino, de 09:00 horas a 14:30 horas.

As familias interesadas en facer uso do servizo de Aula Madruga (de 8:30 a 9:00 horas) tiveron tamén a posibilidade de solicitalo.

Deste xeito o goberno local mosense segue a consolidar o seu apoio ás familias axudando á conciliación da vida familiar e laboral, e a demostrar que é o goberno das persoas.

“Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e a edil de Política Social.

“Queremos axudar todo o posible ás familias mosenses a que concilien mellor a vida persoal e laboral, ofrecéndolles os maiores apoios e iniciativas posibles”, reiteraron. Arévalo e Cebreiro concluiron asegurando que o fomento da conciliación seguirá sendo un dos obxectivos estruturais da administración local mosense.

Deja un comentario