+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

A AXEGA PARTICIPA NA UNIVERSIDADE DE VIGO NUN COLOQUIO NO MARCO DE COLABORACIÓN CON ESTA INSTITUCIÓN ACADÉMICA


O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, participou nun encontro cos profesionais do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo Pereira, participou onte nunha charla celebrada na Universidade de Vigo co obxectivo de encontrar e compartir oportunidades de colaboración entre a Axega e esta institución académica.

O encontro mantívose no marco de colaboración establecido entre estas dúas organizacións co fin de atopar e manter sinerxías no mundo da seguridade e as emerxencias. O Grupo de traballo co que se reuniu o xerente, denominado TeamNanoTech, dedícase á fabricación de nanomateriais que presentan propiedades avanzadas para o desenvolvemento de diferentes aplicacións.

Entre os proxectos presentados polo Grupo de traballo está a posta en marcha de novos sistemas para a detección de contaminantes como poden ser as nanopartículas de Ag o TiO2 na auga. Tamén, debateron sobre a fabricación de materiais para a degradación de sustancias tóxicas, así como, o estudo para a implantación de sínteses de materiais en sensores de hidratación, entre outros.

Foron algunhas das investigacións estudadas para traballar conxuntamente sobre unha aplicación directa na neutralización de compostos químicos en sinistros, para cando os servizos de emerxencia se atopen con mercadorías perigosas, así como a relacionada cos sensores de hidratación que permitan unha maior protección dos profesionais de extinción fronte ao estres térmico ou golpes de calor.

As dúas administración establecerán nos vindeiros meses unha comisión de traballo que lles permitirá valorar que proxectos dos diferentes grupos de investigación acadarán a mellora na eficacia da intervención nas emerxencias.

Deja un comentario