+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN INICIA AS XORNADAS DE FORMACIÓN SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA PARA OS NOVOS GOBERNOS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA


A vindeira semana poranse en marcha oito sesións formativas en Cambados, Ponte Caldelas, Tomiño, Baiona, Meaño, Vila de Cruces, A Cañiza e Poio

A Deputación de Pontevedra comeza esta próxima semana as novas xornadas formativas dirixidas aos equipos dos gobernos locais que saíron das últimas eleccións municipais. O obxectivo desta nova programación é dar a coñecer as principais funcionalidades e cambios máis relevantes da plataforma de administración electrónica “Gestiona”, da institución provincial, co fin de dar resposta a cada un dos cumprimentos marcados pola lei 39/2015 e a lei 40/2015.

En concreto, esta vindeira semana terán lugar oito accións formativas en oito concellos da provincia. Deste xeito, o luns 4 de novembro as xornadas terán lugar en Cambados e Ponte Caldelas; o martes 5 será a quenda de Tomiño, Baiona, e Meaño; o mércores 6 chegarán a Vila de Cruces; A Cañiza recibirá a formación o xoves 7; e, por último, o venres 8 realizarase a acción formativa en Poio.

A través das sesións formativas a institución provincial vai dotar de ferramentas e de información sobre a administración electrónica aos novos equipos de goberno. Máis polo miúdo, darase a coñecer os diferentes libros de rexistro de entrada e saída, a utilización do xestor de expedientes, o acceso ás diferentes convocatorias na aplicación de órganos colexiados, activar as sinaturas electrónicas na nube e no móbil, consultar o rexistro e expedientes, visualizar os libros de actas, consultar experiencias ou presentar mocións e preguntas.

En total, este novo plan de formación vai beneficiar a 53 concellos da provincia adheridos ao proxecto de administración electrónica. No que respecta aos 23 concellos de menos de 5.000 habitantes, as accións formativas terán lugar nas dependencias da Deputación os días 27, 28 e 29 de novembro.

Deja un comentario