+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación adxudica a construcción dunha rotonda e da Ponte das Achas sobre o río Deva, en A Cañiza, por 434.500 euros


A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe o contrato para a execución dunha rotonda e da Ponte das Achas, sobre o río Deva, na localidade de Achas, en A Cañiza, por 434.502 euros e un prazo de execución de catro meses..
Ao concurso presentaronse 19 empresas e pasaron o corte 16. A obra foi adxudicada á empresa Atlantica de Construcción y Medio Ambiente en 434.502 euros, o que supuxo unha baixa do 22% pois o importe de licitación era de 558.127 euros. A empresa gañadora do concurso ofertou melloras valoradas en 45.741 euros.
A obra consistirá na construcción da citada ponte e dunha rotonda de enlace da estrada coa vía provincial A Cañiza-Mourentán.
Nesta estrada Lamosa-Franqueira– Achas, que discorrepolo Concello de A Cañiza, fíxose preciso construir unha ponte para salvar o paso do río Deva e construir unha rotonda co obxecto de dar servizo á gran densidade detráfico que circula por esta vía.
As obras previstas implicarán demolir un muro mampostería e un cobertizo esistente, facer retirada e acopio de escombros, desbrozar e limpar o terreo e facer excavacións e canalizacións.
Despois de diversos plantexamentos, a Deputación optou pola antedita solución por ser a mellor dende o punto de vista técnico e económico.

Deja un comentario