+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

CORES TOURÍS SAÚDA AO NOVO RESPONSABLE DA POLICÍA AUTONÓMICA EN PONTEVEDRA


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo un encontro esta mañá na Delegación Territorial da Xunta co recentemente nomeado Xefe da Unidade da Policía Adscrita (UPA) en Pontevedra, Diego González Vicente, de cara a darlle a benvida ao seu novo posto. No encontro tamén estiveron presentes a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Fernando Pico.

Cores Tourís trasladoulle ao novo xefe da Policía Autonómica o seu apoio e desexoulle moito éxito nesta nova responsabilidade, recordando a labor que desempeña este corpo policial, centrado na prevención e a investigación de incendios forestais, a conservación do medio ambiente, a protección de menores e de vítimas de violencia de xénero e o furtivismo.

Deja un comentario