+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación aproba un convenio coa Xunta e o concello de Mondariz para rehabilitar a Biblioteca Pública do concello por 222.403 €


A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe un convenio entre a institución provincial, a Consellería de Educación e Cultura e o Concello de Mondariz para a rehabilitación da Biblioteca Municipal de Mondariz por un importe total de 222.403 euros.
En virtude do convenio hoxe aprobado, a Consellería de Educación aportará 100.000 €, a Deputación de Pontevedra 80.000 e o Concello de Mondariz 42.403 €.
As obras de Biblioteca Municipal de Mondariz _que leva sete anos pechada_ consistirán na reforma, rehabilitación, conservación e mantemento do edificio pois o seu estado actual inhabilita o seu uso.

Deja un comentario