+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

A ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA O SALNES INTERVEU HOXE NO ANDAR SOTO DO CENTRO DE SAÚDE VIRXE PEREGRINA DE PONTEVEDRA TRAS UNHA AVERÍA DE CANALIZACIÓN EXTERNA AO CENTRO


Unha filtración de auga procedente dunha obra cercana ao edificio anegou temporalmente espazos non asistenciais sen afectar á actividade cotiá deste centro de Atención Primaria
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés interveu esta mañá no andar soto do centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra, tras subsanar unha incidencia producida a primeira hoxa da mañá de hoxe por unha avería de canalización externa a este centro.

Segundo sinalan fontes de Mantemento da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, unha filtración de auga procedente dunha obra cercana ao edificio sanitario anegou temporalmente espazos non asistenciais sen afectar á actividade cotiá deste centro de Atención Primaria pontevedrés.

Tras a labor de operarios de rehabilitación de estruturas a primeira hora da mañá de hoxe, coa coordinacion de técnicos de Mantemento desta Área Sanitaria, delimitouse e drenouse a zona do andar soto -que alberga almacéns de material funxible de oficina e mobiliario, espazo de arquivo, cadros de suministro eléctrico e informaticos-.

Espazos rehabilitados
Estes espazos non asistenciais quedaron rehabilitados e a prestación asistencial de Atención Primaria aténdese con normalidade en todas as áreas deste centro de saúde pontevedrés.

Deja un comentario