+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

OS LOCAIS PARA ASOCIACIÓNS NO EDIFICIO DE BENITO CORBAL DE PONTEVEDRA ABRIRÁN AO PÚBLICO O PRÓXIMO 14 DE NOVEMBRO


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel lembrou que estas instalacións completaranse con tres plantas destinadas a oficinas de emprego, e outras tres para a Universidade de Vigo, así como para futura fundación Manuel Moldes
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá a apertura definitiva dos locais para asociacións no edificio de Benito Corbal que terá lugar o próximo día 14 de novembro.

Tal e como explicou Cores Tourís, “tras a comunicación previa de apertura dos locais para asociacións no edificio de Benito Corbal ao concello de Pontevedra, a data prevista para a súa apertura e para a ocupación polas asociacións adxudicatarias será o xoves 14 de novembro”.

Recordou tamén o delegado territorial que o acceso para as organizacións e usuarios será pola rúa Javier Puig Llamas, dentro do horario establecido de 9 da mañá a 22 da noite de luns a venres, e de 9 da mañá a 15 horas os sábados.

Ademais, as oficinas de emprego tamén comenzarán a funcionar este mesmo mes, en concreto, o día 22.

O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse no mes de maio. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os case 6.000 metros do edificio situado no centro da cidade de Pontevedra albergarán nas súas tres primeiras plantas as oficinas de emprego, que ata agora estaban alugadas noutros dous locais. Nas plantas terceira e cuarta estarán os despachos das asociacións, mentres que as plantas 5ª, 6ª e 7ª estarán a disposición da Universidade de Vigo. Na 8ª planta estará a futura fundación Manuel Moldes.

Deja un comentario