+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE O DÍA 11 DE NOVEMBRO EN SAN ELEUTERIO


Estará instalada durante todo o día, de 15.30 a 21.00 horas

O Concello de Mos informa de que unha unidade móbil da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazarase ata Mos para que os mosenses interesados en doar sangue poidan facelo.

A unidade móbil permanecerá en Mos durante o luns 11 de novembro.

Estará en Tameiga, na Urbanización de San Eleuterio, en horario de 15:30 horas a 21:00 horas.

Os interesados en acudir a doar sangue deberán levar o seu DNI, non ir sen almorzar e esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.

Deja un comentario