+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

MORAÑA CELEBRA ESTE VENRES O SEU MAGOSTO DE OUTONO CON CASTAÑAS E CHOURIZOS E A ACTUACIÓN DE A RODA E LUCÍA PÉREZ


A celebración contará cunha carpa de grandes dimensións para 500 persoas, cuxa instalación perfilouse na Carballeira de Santa Lucía

 

O Concello de Moraña vai celebrar este venres, 8 de novembro, o seu tradicional Magosto de Outono, que contará coa degustación de produtos típicos desta época, como castañas e chourizos asados, e a actuación estrela do grupo de música tradicional A Roda e a cantante Lucía Pérez. Esta festa comezará ás 21.00 horas e terá lugar na Carballeira de Santa Lucía.

Con motivo da organización, a alcaldesa, Luisa Piñeiro, desprazouse ata a zona para perfilar o operativo, principalmente pola colocación dunha carpa de grandes dimensións, de 250 metros cadrados, que dará cabida ao escenario, ás zonas de comida e bebida e que contará cun aforo dunhas 500 persoas.

A rexedora, que lembrou que a degustación dos produtos de outono será gratuíta para os asistentes, quixo convidar a todos os veciños a participar desta festa, unha das máis tradicionais da época de San Martiño, e destacou que se trata dunha das grandes celebracións sociais de Moraña antes do Nadal.

Finalmente, quixo agradecer a colaboración neste Magosto de Outono da Vicepresidencia da Xunta de Galicia coa concesión do concerto de clausura da xira “A Roda da Igualdade. Ela e Eles”, que protagonizan A Roda e Lucía Pérez e que percorreu toda a comunidade para promover a defensa da igualdade e a loita contra a violencia
de xénero.

 

Deja un comentario