+034 986 09 02 04 Domingo 26 de Xaneiro de 2020

O CONCELLO DE O PORRIÑO RECIBE 80 COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS PARA REPARTIR ENTRE OS PETICIONARIOS QUE AINDA PODENSE INSCRIBIR


O Concello recibiu 80 composteiros individuais del Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que se almacenan no Multiusos de Torneiros ata que sexan repartidos próximamente entre veciños de O Porriño que os solicitaran para as súas vivendas. O prazo para pedirllos ainda está aberto e pódese rechear a solicitude no rexistro do Concello.
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente explicou que o vindeiro 21 de novembro ás 11 horas da mañán serán convocados todos os peticionarios a unha reunión informativa no propio Multiusos de Torneiros. Alí recibirán explicacións dos mestres composteiros e técnicos do Plan Revitaliza e se lles fará entrega dos composteiros.
O desarrollo da compostaxe no concello de O Porriño e a vinculación da veciñanza co tratamento e reciclaxe dos residuos orgánicos foi unha tarefa iniciada no anterior mandato municipal polo exconcelleiro Orlando Marquez.

Deja un comentario