+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN AS NEVES


As Neves terá este ano 10.000 árbores máis, logo dunha nova xornada de plantación impulsada polo Concello e ONE OAK

 

O Concello das Neves, coa colaboración da empresa ONE OAK,as Comunidades de Montes e ‘Voluntariado das Neves’, levará a cabo o vindeiro domingo, día 17 de novembro, unha nova xornada de plantación, a partires das 10 da mañá.

 

O obxectivo para este día é plantar 1.500 árbores ,entre Freixos e Vidueiros, na contorna do Camiño dos Pescadores. Con estas 1.500, serán un total de 10.000 árbores autóctonas, as que se teñen plantado en As Neves no último ano, doadas por ONE OAK, a través do seu proxecto RENACER.

 

Aquelas persoas que queiran participar, axudando a plantar estas 1.500 árbores, poden facelo anotándose neste link https://forms.gle/VwTDDbTV9Z1dkLcA6 .

Deja un comentario