+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

CONCELLEIROS DO GOBERNO MUNICIPAL E A DEPUTADA DE COHESIÓN SOCIAL PARTICIPARON NUNHA ACTIVIDADE PARA MAIORES CELEBRADA NO PAVILLÓN DO PORRIÑO


Os concelleiros do goberno municipal, David Alonso e Sergio Casal asistiron coa deputada provincial de Cohesión Social, Olga García a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra que se desarrollou no Pavillón Municipal porriñés.
Tratouse dun bingo musical no que os participantes, ó redor de 25 usuarios, tiñan que recoñecer ben a canción ou ben ó interprete de cada tema ata cantar liña e logo bingo.
Os concelleiros e a deputada repartironse entre os maiores e compartiron con eles o xogo. Segundo explicou o persoal do servizo de teleasistencia é un xeito de estimulación cognitiva e para interactuación entre maiores.
David Alonso, na súa condición de concelleiro de Servizos Sociais informoulles que o Concello de O Porriño vén de aprobar no derradeiro pleno ordinario o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, licitado en 2 millóns de euros, “para unha prestación cada día máis reclamado e necesario pola maior esperanza de vida que temos”, manifestou o edil.

Deja un comentario