+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

UN TOTAL DE 14 ALUMNOS DO COLEXIO DA LAMA RECIBEN CLASES DE APOIO GRATUÍTO SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ANPA


O tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, visitaron aos estudiantes e animáronnos a esforzarse e aproveita-las oportunidades das que dispoñen para aumentar a súa formación académica

 

O tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes do Concello da Lama, Daniel Vidal, visitou aos 14 alumnos e alumnas de primaria do colexio público da Lama que reciben clases de apoio gratuíto a través dun programa de colaboración entre a ANPA e o Concello, que é quen subvenciona a contratación inicial dunha mestra encargada de axudar aos escolares, divididos en dous niveis pola súa idade e curso académico, e que os martes e venres danse cita no edificio do Obradoiro de Emprego.

Con esta iniciativa apoiada polo Concello da Lama preténdese que os escolares poidan recibir o apoio profesional necesario para realizar os seus deberes, colaborar con aqueles alumnos que poidan precisar de axuda para poñerse ao día e tamén para que poidan beneficiarse desta actividade totalmente gratuíta para os pais.

Os concelleiros salientaron durante a súa visita que esta iniciativa “que poñemos en marcha coa ANPA vai orientada a axudar aos nenos na súa formación, acompañándoos e animándoos a seguir formándose para evitar que ninguén poda quedar descolgado no seu proceso formativo por non contar cunha axuda complementaria. Asemade, este programa permite conciliar mellor a vida laboral e familiar dos pais e nais ao tempo que é un estímulo para os rapaces que se ven acompañados á hora de face-las súas tarefas escolares ou recibir un reforzo académico no caso de que fora necesario”, indicou David Carrera.

Pola súa banda, Daniel Vidal insistiu no compromiso do equipo de Goberno “coa educación e a formación dos nenos e nenas do noso municipio que son o noso futuro. Apostamos por darlle as mellores ferramentas, a formación e o estudio, como xeito de preparalos para o mañá para que podan ser máis autosuficientes e que teñan as maiores oportunidades para enfrontarse aos seus retos na vida. Queremos apostar polos nenos e nenas desde xa, desde educación primaria para que a axuda, si a precisan, lles chegue desde o primeiro momento”.

Os edís do grupo de Goberno, que se comprometeron a repetir a visita as veces que sexan necesarias para comprobar a evolución académica dos participantes, departiron durante varios minutos cos alumnos e alumnas e animáronnos a aproveitar ao máximo as posibilidades que poñen a súa disposición os pais, os mestres e tamén as administracións para que desde o ensino público e gratuíto podan ir construíndose un mañá e un futuro mellor e máis proveitoso cultural e laboralmente.

Deja un comentario