+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

ARBO INICIA O CONCURSO DE CARTEIS PARA A LX FESTA DÁ LAMPREA


O Concello de Arbo, convoca un ano máis o concurso de Cartel do que saldra o Cartel anunciador da LX Festa dá Lamprea, que este ano celebra sú sesenta aniversarios.

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da LIX Festa dá Lamprea que terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril do ano 2020.
Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a LX Festa dá Lamprea, promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio. Poderán participar no concurso todo aquel que queira facelo. O prazo para presentar as propostas finalizará o día 20 de decembro de 2019.
As propostas serán entregadas en soporte físico (papel, tea, cartón…) nun tamaño mínimo A3, así como en soporte dixital a máxima resolución. Cada participante poderá presentar como máximo dous carteis por participante.
Como cada ano, nos carteis, deberán incluírse de maneira correcta as datas da festa, as letras e a edición da festa, correspondentes ao ano 2020: LX Festa dá Lamprea (24, 25 e 26 de abril 2019). Un erro nalgúns destes aspectos determinará a exclusión do cartel. Os materiais son de libre elección, poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas ou mesmo en collage. Iso si, deberán enviarse ben protexidas para protexer a súa conservación.
Establécense interesantes premios para os gañadores: un primeiro premio de 600 euros para o vencedor, 300 euros para o segundo e 100 euros para os terceiros premios. Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.
Segundo manifesta o Alcalde de Arbo, Horacio Gil, con este concurso preténdese promocionar e promover a nosa Festa dá Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea, e por que, desde hai 60 anos, celebramos esta festa culinaria, a máis antiga de Galicia. En edicións anteriores deste certame recibimos propostas provenientes desde toda a xeografía española. É un certame que ano tras ano se converteu nun referente do mesmo xeito que a nosa festa.

Deja un comentario