+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O PROFESORADO DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA RECIBE FORMACIÓN DE PRIMEIROS AUXILIOS


Os bombeiros municipais entregaron un desfibrilador ao centro escolar
A concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ven de entregar ao CEIP Santiago de Oliveira un desfibrilador que recibiron da man dos bombeiros municipais.
Ademais de facer entrega deste novo equipamento, os bombeiros ofreceron formación de primeros auxilios para os mestres e mestras do centro educativo que valoraron positivamente
Co obxectivo de dispor de desfibriladores nos emprazamentos con maior afluencia de persosas, os bombeiros procederon nestes días á dispor a colocación deste equipamento que poderá ser empregado sempre e cando sexa preciso.
O xefe de bombeiros destacou a importancia de estar preparados antes situacións de emerxencia ou nas que se deba prestar auxilios.
Para garantir unha intervención rápida, o equipamento vai acompañado dunhas instrucións básicas nas que o primeiro paso recomenda chamar ao 112 para que un equipo especializado guíe os auxilios prestados por calquera mestre ou mestra que se atope na situación de urxencia.
Dentro do programa do Plan de Bombeiros de Ponteareas entrégase este novo desfibrilador que se suma aos oito entregados: praza de abastos, campo da Lomba, campo de fútbol de Pardellas, no de Angoares, nos bombeiros, na piscina municipal, a protección civil e ao CEIP Fermín Bouza Brey; todos eles lugares cunha alta afluencia de persoas.
Coa intención de convertir Ponteareas nunha vila cardioprotexida, a Concelleira de Saúde explica que se seguirán a entregar novos desfibriladores dando prioridade aos puntos con alta afluencia de persoas, acompañada da correspondente formación.

Deja un comentario