+034 986 09 02 04 Xoves 02 de Abril de 2020

A FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA PARTICIPA EN GASTRÓNOMA, FACILITANDO DE NOVO A PRESENZA DE EMPRESAS GALEGAS EN EVENTOS ALIMENTARIOS


NO SEU STAND NO CERTAME, QUE SE CELEBRA DENDE ONTE ATA MAÑÁ EN VALENCIA, DIFUNDE A SÚA CITA SALIMAT ABANCA E DÁ CABIDA A CINCO FIRMAS DA COMUNIDADE GALEGA

A Feira Internacional de Galicia ABANCA participa dende onte e ata mañá no certame Gastrónoma. Trátase do evento gastronómico por excelencia do Mediterráneo e reúne en Feria Valencia a cociñeiros, fabricantes, distribuidores, pequenos comerciantes e artesáns. Este ano celebra a súa mellor edición, cunha importante presenza de recoñecidos chefs españois.

A entidade feiral galega está presente cun stand no que ademais de promocionar a súa cita alimentaria Salimat Abanca, tamén dá cabida a cinco empresas galegas. Así, teñen o seu espazo as firmas alimentarias Bico de Xeado (Bergondo), Queixería Daniberto (Vilalba), Panificadora Mencer (Bergondo), Valín Produtos de Galicia (Lugo) e Yatecomeré (Ribadumia).

É a segunda vez que utiliza esta fórmula co obxectivo de servir de plataforma de promoción e desenvolvemento comercial ás empresas galegas naqueles eventos de interese onde Galicia non adoita ter presenza, á vez que aproveita para fortalecer a imaxe dos seus certames.

Experiencias positivas

A Feira Internacional de Galicia ABANCA empregou por primeira vez a presenza agrupada no certame Andalucía Sabor, o cal tivo lugar o pasado mes de setembro no Palacio de Congresos y Exposiciones de Sevilla (FIBES).

Tamén Gastrónoma pertence ao sector agroalimentario e pola súa banda a entidade feiral volve a promociona o 24ª Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se celebrará do 4 ao 7 de xuño de forma paralela á 43ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Sen embargo, o recinto non só pretende dar continuidade a este tipo de participación en citas alimentarias, senón tamén en eventos doutros sectores, xa que ata o de agora as experiencias resultaron moi positivas.

Deja un comentario