+034 986 09 02 04 Xoves 12 de Decembro de 2019

PONTEAREAS AXUDARÁ AOS COLECTIVOS NA REALIZACIÓN DE PEQUENAS OBRAS DE INTERESE VECIÑAL


A convocatoria que se publicará no B.O.P contempla 10.000€ para as asociacións que non se benefician dos máis de 300.000€ que o concello destina a axudas a distintos tipos de colectivos
O concello de Ponteareas ven de publicar as bases da subvención para investimentos destinada a colectivos de interese veciñal (asociacións veciñais, asociacións culturais e comunidades de montes). O prazo para solicitar estas axudas comezará a contar ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e será de 7 días naturais.
Coa finalidade de dinamizar o asociacionismo e colaborar na realización de pequenas obras de interese veciñal ou na adquisición de mobiliario e equipamentos o concello de Ponteareas destinará un total de 10.000€ para os colectivos que non reciben outro tipo de axudas.
Esta liña de axudas súmase aos 306.600€ cos que o concello subvenciona outros colectivos e asociacións.
A axuda económica que se conceda nesta subvención poderá acadar ata o 80% do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 3.000 euros para a realización de obras e de 1.500 euros para dotación de equipamentos.
Os colectivos interesados xa poden ir consultando as bases na páxina web do concello na pestaña “axudas e subvencións” ou directamente neste enlace http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2019/11/ANUNCIO.-BASES-REGULADORAS-DE-SUBVENCI%C3%93NS-PARA-INVESTIMENTOS-DESTINADA-A-COLECTIVOS-DE-INTERESE-VECI%C3%91AL.pdf

Deja un comentario