+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

EDUCACIÓN EXECUTARÁ A REFORMA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA DO CEIP DE VIÑAS DE POIO


A obra suporá un investimento de 27.000 euros e consistirá na reforma dos cadros eléctricos de protección, a instalación de luminarias de emerxencias e a dotación das liñas das fases de terra

O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, informou esta mañá ao grupo de Goberno local de Poio da posta en marcha en breve das obras de reforma da instalación eléctrica do CEIP de Viñas.

Deste xeito, a Consellería de Educación adecuará a instalación eléctrica ao regulamento de baixa tensión, unha vez que se detectasen diversos fallos como cadros eléctricos sen identificar ou ausencia de equipos de alumeado de emerxencia.

Os traballos consistirán na reforma dos cadros eléctricos de protección, a instalación de luminarias de emerxencia, e a dotación das liñas das fases de terra nas tomas de corrente que non a teñen.

As obras, que foron adxudicadas á empresa Instalaciónes Garpadu, comezarán de xeito inmediato e contarán cun prazo de execución de dous meses. O orzamento das mesmas é de 27.000 euros.

Deja un comentario