+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

Os alcaldes de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos aclaran que o labor que realiza a Agrupacion de Voluntarios é exclusivamente en materia de Proteccion Civil de acordo co decreto da Xunta nesta materia


Afirman que só desenvolven actividades de protección civil e entre as súas funcións non figuran o servizo de ambulancia nin outro similar de transporte sanitario

Os alcaldes de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes en relación ás noticias aparecidas en diversos medios de comunicación reiteraron que os labores que realiza a Asociación de Voluntarios Verdugo-Oitavén nestes municipios son exclusivamente en materia de protección civil, de acordo coa normativa vixente na materia. Para iso utilizan os medios humanos e materiais dos que dispoñen e aquilo que os Concellos os autorizan a utilizar para a realización desas funcións de protección civil en virtude das necesidades que xurdan: rozadora, vehículos, motobomba, etc. ao igual que consegue outras asociacións culturais ou deportivas, ás que os Concellos lles autorizan a utilizar instalacións municipais (deportivas ou centros culturais) ou vehículos para os seus desprazamentos.

Os tres rexedores aclararon que en ningún caso, dentro das funcións de protección civil que realiza esta asociación, está a do servizo de ambulancias nin outro similar sanitario de traslado de enfermos.

Ademais queren deixar claro que as circunstancias laborais ou empresariais que puidese ter no pasado calquera membro da asociación, a título particular, nada teñen que ver co labor concreto que realiza a Asociación de Voluntarios de Protección Civil como tal, xa que son cousas totalmente distintas e que non teñen nada que ver co labor de Protección Civil que realizan nestes Concellos.
Os alcaldes de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes recordaron que a Asociación de Voluntarios de Protección Civil Verdugo-Oitavén está constituída ao abeiro da lei de Asociacións tal e como prevé o “Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, ás medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia,”. O artigo 49 do citado decreto establece que: “Na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección civil, e para vos efectos de colaborar cos órganos competentes en materia de protección civil, terán a consideración de agrupaciónsde Voluntarios de Protección Civil (en diante, AVPC) ás asociación legalmente constituídas, ou abeiro dá Leus de asociacións… “.

Son polo tanto entidades que cumpren os seguinte requisitos:

“a) Que ou seu fin principal sexa a colaboración coas autoridades competentes na realización de tarefas relacionadas coa protección civil.
b) Que sexan de carácter aberto para tódalas persoas físicas residentes non termo ou termos municipais non que a AVPCdesenvolva a súa actividade.
c) Que se constitúan sen ánimo de lucro e ou seu funcionamentointerno sexa democrático.
d) Que estean inscritas non Rexistro de Protección Civil dá Comunidade Autónoma.
e) Que vos seus estatutos e regulamentos se acomoden ou disposto neste capítulo.
f) Non caso dás asociacións legalmente constituídas ou abeiro dá Leus de asociacións, deberán estar relacionadas co seu municipio, bisbarra ou mancomunidade de municipios, mediante convenio ou acordo de colaboración”.

Precisamente o que subscribiron estes tres concellos é un acordo para colaborar en materia de protección civil nestes municipios.

Os alcaldes lamentan que se queira mesturar asuntos que nada teñen que ver. As responsabilidades que corresponda asumir á empresa Ambulancias BDM polos seus posibles incumprimentos nada ten que ver co labor que poidan realizar os voluntarios de Protección Civil agrupados nunha asociación constituída legalmente.
As circunstancias laborais ou empresariais que puidese ter no pasado calquera membro da Asociación a título particular, nada teñen que ver co labor concreto que realiza a Asociación de Voluntarios de Protección Civil como tal son cousas totalmente distintas e que non teñen nada que ver co labor de Protección Civil que realizan nestes Concellos.
Un labor por certo que é moi apreciada polos veciños destes municipios nestes apenas 2 meses dende a súa creación tanto asistindo a eventos que se celebren neses municipios coma en atención ás chamadas do propio 112.
As Asociacións de Voluntarios de Protección Civil están previstas na lei cos seus correspondentes estatutos e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta e no propio Rexistro de Asociacións de Protección Civil.

Deja un comentario