+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN ACTIVA O PROTOCOLO DE SEGUIMENTO DO TEMPORAL NA PROVINCIA


 

O operativo reforza o servizo contra incendios e de emerxencias e as brigadas das estradas provinciais ante posibles incidencias

O goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra activou na tarde deste mércores o protocolo de seguimento en emerxencias e estradas provinciais ante a alerta vermella emitida por Aemet ao fío do aviso para este xoves de fenómenos costeiros coincidentes coas mareas vivas, así como o risco de inundacións en zonas próximas ás beiras dos ríos.

O aviso meteorolóxico advirte dun episodio de fenómenos costeiros que na provincia afectaría, sobre todo desde esta próxima madrugada, á zona de Rías Baixas e á zona do Miño entre as 12 e as 22 horas, con mar combinada do Noroeste de 8 a 9 metros alcanzando os 10 metros no litoral. Os ventos serán do Oeste ou Noroeste de forza 8 a 9. Amais, desde o 112 alertan do risco, por mor das precipitacións, de posibles desbordamentos puntuais nos ríos pola subida do caudal.

Os deputados Carlos Font e Gregorio Agís dirixen desde esta noite os operativos tanto dos efectivos dos parques contra incendios e de emerxencias do Consorcio Provincial, como nas infraestruturas ante posibles incidencias en estradas provinciais. De feito, nos parques contra incendios e de emerxencias do Consorcio se han reforzado os reténs de efectivos, mentres que nas estradas se habilitou un operativo coas brigadas provinciais.

O goberno da Deputación de Pontevedra lembra á poboación á necesidade de extremar as precaucións caso de circular polas estradas, e aconsella retirar os vehículos das zonas próximas á marxe dos ríos.

Deja un comentario