+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

Porriño lidera o descenso do paro na provincia de Pontevedra


Con 112 desempregados menos, o noso municipio lidera as cifras de inserción na provincia de Pontevedra, rexistrando preto de 300 desempregados menos que o mes de febreiro do 2014, o que supón un 11% menos de veciños de Porriño en situación de desemprego que o ano pasado

Os datos publicados polo SEPE en referencia ao pasado mes febreiro botan cifras moi alentadoras para o noso municipio. A taxa de desemprego do 16,19% alcanzada este mes, constata a eficacia das diversas iniciativas en materia de emprego e formación postas en marcha dende o Concello de Porriño; e é que, con 112 desempregados menos, o noso municipio lidera as cifras de inserción da provincia de Pontevedra, sostendo o descenso do desemprego a nivel provincial.
O Concello de Porriño continúa dirixindo todos os seus esforzos á xeración e fomento de emprego, como ata agora veu facendo ao considerar esta unha cuestión absolutamente prioritaria, «constamos coas cifras que, pouco a pouco e de xeito constante, estase a conseguir unha melloría notable do mercado de traballo» «en Porriño», explica o alcalde de Porriño, Nelson Santos «Non en van, o noso municipio rexistra preto de 300 desempregados menos que o mes de febreiro do 2014, o que en cifras porcentuais supón un 11% menos de veciños de Porriño en situación de desemprego, deixando patente a eficacia da liña seguida polo Concello en materia de emprego e formación».
Porriño destina preto de medio millón de euros ao Plan de Emprego 2015

A Axencia de Colocación Porremprego poñerá en marcha nun curto espazo de tempo o seu Plan de Emprego 2015. O Concello de Porriño destinará preto de medio millón de euros o fomento do emprego co propósito de lograr que os veciños de Porriñodesenvolvan a súa vida diaria nun marco de pleno emprego a través do exercicio dun posto de traballo de calidade. A integración sociolaboral, o emprego estable e de calidade, a formación e cualificación, a innovación, e a colaboración entre os distintos axentes económicos establecidos no noso Concello serán as bases sobre as que se desenvolverá este novo Plan Municipal de Emprego.
«Para poñer en marcha este plan, Porremprego sumará ao seu equipo a un total de 6 persoas, 4 bolseiros e 2 orientadores laborais contratados mediante o Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015 da Deputación de Pontevedra», explica o edil de Emprego e Formación M.Alejandro Lorenzo, «As bonificacións e convenios con empresas, o fomento do autoemprego e a nosa continua aposta por formar e cualificar os veciños en situación de desemprego para que poidan afrontar con maior competitividade a súa inserción no mercado laboral, continuarán sendo as principais liñas de actuación marcadas dende Porremprego».

Deja un comentario