+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

SOUTOMAIOR SACA A CONCURSO A EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO SEU CENTRO SOCIAL PARA A 3ª IDADE


O Concello realiza unha achega anual de 6.000 euros para contribuír ao mantemento do centro

O Concello de Soutomaior acaba de sacar a concurso público a explotación da cafetería do Centro Social da 3ª idade situado na alameda de Tallo Río, no centro de Arcade. Unha concesión coa que o goberno local quere estimular o funcionamento deste centro e para a que achega unha subvención de ata 6000 euros anuais. O prazo de presentación de ofertas finalizará o 23 de novembro ás 23:59 horas.
O principal requisito para acceder á concesión é o de contar cunha experiencia mínima dun ano no sector da hostalería. Unha condición que en todo caso deberá cumprir polo menos un dos traballadores adscritos á execución do contrato. O prazo da concesión será de tres anos, ampliable a catro, desde a data de formalización.
Para estimular o funcionamento do centro cunha oferta de calidade, o goberno local destinará unha achega máxima de 6.000 euros anuais que se farán efectivos unha vez terminada cada anualidade da explotación, ao mes seguinte da seguinte anualidade.
Esta licitación ten carácter exclusivamente electrónico, polo que os licitadores deberán presentar as súas ofertas de maneira telemática a través da ferramenta de preparación e presentación de ofertas da Plataforma de Contratación do Sector Público. #Interesar poden acceder a toda a información na páxina web do Concello, www.soutomaior.gal, ou nas oficinas da Casa do Concello no seu horario de atención ao público.

Deja un comentario