+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O DÚO MUSICAL ORADALADOU ENCHERÁ SOUTOMAIOR DA MAN DA DEPUTACIÓN PARA HOMENAXEAR A ANTÓN FRAGUAS


 

O concerto será este domingo 17 de novembro ás 18 horas no Auditorio Multiusos de Arcade e componse de 13 pezas baseadas en cantigas recollidas polo autor de Cotobade

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 17 de novembro ás 18.00 horas un concerto do dueto Oradaladou, conformado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz). Este acto musical terá lugar no Auditorio Multiusos de Arcade, no concello de Soutomaior, e ten como finalidade fundamental homenaxear ó etnógrafo natural de Cotobade Antón Fraguas, ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

Durante a actuación de Oradaladou serán interpretadas as 13 pezas que compoñen o seu disco “Cantigueiro de Cotobade”, composto a partir das cantigas recollidas por Antón Fraguas. Á súa vez, estes temas levan o título das 13 parroquias que compuñan o antigo concello de Cotobade. O concerto, que posúe un alto compoñente didáctico, está incluído dentro dun programa de actuacións encargadas de espallar e dar a coñecer a figura de Antón Fraguas a través da música.

Deja un comentario