+034 986 09 02 04 Venres 07 de Agosto de 2020

ANDRÉS DÍAZ AUMENTA UN 28% AS FACTURAS SEN PAGAR DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS E ACADAN XA A CIFRA DO 1.603.963,87 EUROS


Pese a contar xa coa presenza dun interventor a cifra de facturas pendentes de ser abonadas segue aumentando.

O Concello de Ponte Caldelas, que preside o alcalde Andrés Díaz, segue acumulando nos caixóns facturas impagadas que acadan a cifra de 1.603.963,87 euros, segundo se desprende do informe do novo interventor que analizou os datos de morosidade do Concello para o terceiro trimestre.

A medida que vai aumentando o exercizo económico deste ano seguen medrando as facturas sin pagar do goberno de Andrés Díaz que aumenta un 28% este concepto con respecto ao importe que tiña acumulado ata o 30 de xuño que era de 1.254.305,54 euros, segundo recoñeceu o propio rexedor a preguntas do Grupo Popular no último Pleno.

Ante a mala situación económica do Concello, o alcalde Andrés Díaz acaba de convocar un Pleno Urxente para este martes ao mediodía para someter a coñecemento da Corporación un novo Plan Económico Financeiro (PEF) toda vez que o aprobado no mes de setembro non obtivera o visto bo das autoridades económicas encargadas de supervisalo.

O PPdeG considera curioso que se convoque con esta urxencia o Pleno sin que a oposición teña tempo material para profundizar e analizar con rigor o novo PEF que “como se pode ver non foi produto dun erro humano, como dixo o alcalde no Pleno senón que mentiu e é porque o que enviou a Facenda non convencía aos técnicos encargados de supervisalo e polo tanto botáronllo para atrás”, asegurou o voceiro do PPdeG no Concello de Ponte Caldelas, Antón Xil.

“Outra cuestión curiosa é que Andrés Díaz convoca os plenos económicos e os incómodos para a súa xestión ao fronte do equipo de goberno en lugar de celebra-los ás 20 horas convócaos para as 13:30 horas cando sabe que é máis complicada a asistencia da cidadanía e podan comprobar en persoa do nefasto modelo de xestión que leva a cabo o alcalde”, indicou Antón Xil.

Finalmente, o voceiro popular manifestou a súa preocupación “porque lonxe de correxir a deriva económica irresponsable de Andrés Díaz ao fronte do grupo de goberno vemos como a medida que o interventor nos facilita datos oficiais comprobamos como segue aumentando a débeda, as facturas impagadas e a desviación orzamentaria prevista para o ano 2019 o que pon en serio risco o cobro de proveedores, autónomos, pequenos empresarios e establecementos da localidade, entidades culturais e deportivas, etc.”, manifestou Xil.

Deja un comentario