+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

10.000 ÁRBORES AUTÓCTONAS PRANTADAS XA EN AS NEVES PARA TENTAR RECUPERAR PARTE DOS DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS DE 2017


Ducias de persoas acudiron este domingo pasado ao concello de As Neves
para colaborar na plantación de 1.500 árbores máis, impulsada pola
empresa ONE OAK,as Comunidades de Montes e ‘Voluntariado das Neves’. A
actividade levouse a cabo na contorna do Camiño dos Pescadores-a zona
pola que ‘entraran’ as lapas durante os incendios de outubro de 2017.

Cos novos freixos e vidueiros, xunto cos castiñeiros, achegados por ONE
OAK a través do seu proxecto ‘RENACER’, suman xa 10.000 árbores, todas
elas autóctonas, as que foron prantados ata hoxe en As Neves coa
finalidade de crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona
pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie de As Neves
hai dous anos.

Xose Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves, agradedeu, de novo, a
implicación de ONE OAK e subliñou a importancia que ten para as veciñas
e veciños impulsar este «proceso de rexeneración que é esencial para
recuperar o noso patrimonio natural”.

Deja un comentario