+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

PRESENTACIÓN DO COMANDO IGUALDADE E DA WEBSERIRE SEX O MÉRCORES NA SALA MULTIÚSOS DO AUDITORIO MUNICIPAL


A concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera convida a toda a cidadanía a participar na presentación do Comando Igualdade e da webserie S.E.X este mércores día 20 ás 16:30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.
Enmarcada na programación desañada pola concellería a través do Centro de Información á Muller (CIM), esta actividade significa un esforzo máis na procura dunha sociedade igualitaria.
O Comando Igualdade é un grupo aberto de persoas mozas que naceu no IES Alexandre Bóveda de Vigo da man de Chis Oliveira e que cada día medra máis. Actualmente son 60 personas, maioritariamente de bacharelato e da universidade, as que realizan diferentes iniciativas para acabar coa desigualdade de xénero.
Por outro lado, este mércores poderemos asistir á presentación da webserie SEX, realizadas pola produtora Illa Bufarda, a Sociedade Galega da Sexología (Sogasex), a Fundación Paideia e a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (Aseia). Unha ferramenta de difusión e consulta no ámbito da sexualidade na adolescencia. Este proxecto foi premiado na segunda edición do premio Luisa Villalta.

Deja un comentario